Artigos Recentes

Publicado o 14/08/2020

ADIADA A NOITE DE ESTRELAS AO SÁBADO 22 DE AGOSTO

Por mor da mala previsión meteorolóxica para este sábado, vémonos na obriga de adiar a III Noite de Estrelas no Centro de Interpretación de Caldoval.
A actividade, que ten moi boa acollida polo público, consiste na observación astronómica dirixida polo arqueoastrónomo Antón Bouzas e debe ser realizada no exterior do centro. Por iso, a data escollida para desfrutar deste evento será finalmente o SÁBADO 22 DE AGOSTO ás 22 h. 
Lembrámosvos que para a Noite de Estrelas esgotáronse as prazas pero, durante o día, todavía quedan prazas para asistir ao Obradoiro Especial Ars Scribendi e aprender técnicas de escritura romana.
Este obradoiro está dirixido a público infantil e tamén adulto e celébrase en dúas quendas, ás 11.30 e ás 17:30.
Información e reservas en info@museocaldoval.gal ou chamando ao 687072116.