Artigos Recentes

Publicado o 14/05/2018

Caldoval abre o Día das Letras Galegas.

O vindeiro xoves 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Centro de Interpretación de Caldoval, o xacemento romano situado no Concello de Mugardos, permanecerá aberto en horario habitual con motivo da festividade. Entre as 10:00 e 14:00, así como entre as 16:00 e 20:00 horas poderanse visitar os restos do que foi un circuíto termal chamado balneum, uns baños domésticos que aínda teñen moitos misterios que resolver.

Haberá visitas guiadas por Patricia Casal, experta no patrimonio e turismo de Mugardos e da Ría de Ferrol, ás 10:30, 12:30, 16:30 e 18:30. Tamén se poderán facer os obradoiros relacionados coa Antiga Roma ás 11:30 e 17:30 con reserva previa. Unha boa oportunidade para realizar o xogo familiar “O Tesouro de Caldoval” co que realizar unha visita ao museo de pista en pista descubrindo cousas sorprendentes do mundo romano e de Caldoval.