Artigos Recentes

Publicado o 14/04/2019

Caldoval amplía horario en Semana Santa.

O Museo de Caldoval abrirá en Semana  Santa  dende o martes 16 ao domingo 21 de abril en horario de 10:30 a 14:00 pola mañá e de 16:30 a 20:00 horas pola tarde.

O xacemento romano do século I d.C. atopado na enseada de Santa Lucía pódese visitar libremente en horario de apertura do Centro ou realizar unha visita guiada cunha persoa experta en patrimonio e turismo. Estas visitas son de balde e terán lugar tódolos días ás 11:00, 13.00, 18:00 e 19:00. É recomendable reservar praza a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal ou do teléfono 687072116.

Ademais, poderanse realizar outras actividades como “O Tesouro de Caldoval“; un xogo de pistas para facer en familia en calquera momento, a través do cal visitar dun modo diferente e divertido o museo.

Tamén, durante toda a Semana Santa, haberá obradoiros relacionados co mundo romano. Para xs máis pequenxs o taller “Pintorxs de Roma“, onde aprenderán a decorar ao estilo romano; para nenxs de primaria os talleres “Artista dos Mosaicos” e “Ludi Romani“, onde farán un mosaico con pequenas teselas no primeiro, e un taboleiro de xogo de mesa romano no segundo. Para público algo máis maior se poderá realizar o taller de estética e cosmética romana chamado “O Perfume do César“, onde aprenderán os costumes máis íntimos da cultura romana e elaborarán un ungüento aromático personalizado e o obradoiro de exterior “Un día na palestra”, no que se fai un percorrido por diferentes xogos e deportes romanos. Estes obradoiros terán lugar tódolos días baixo reserva en horario de 12:00 e 18:00.