Artigos Recentes

Publicado o 11/02/2019

Caldoval amplía o seu horario aos xoves para o público escolar.

O Concello de Mugardos decide abrir un día máis á semana o Centro de Interpretación de Caldoval para atender á lista de agarda.

Ante a grande demanda de actividades por parte dos colexios para este 2019 desde o concello de Mugardos e o Centro de Interpretación de Caldoval decidimos ampliar os nosos días de apertura.

O horario de apertura é o habitual de venres a domingo de 10:30 a 14:00 pola mañán e de 16:30 a 20:00 pola tarde. Pero como xa están completos todos os venres ata o mes de maio con visitas escolares, aqueles coles que desexen coñecer como era a vida nun auténtico “balneum” romano, poderán reservar tamén os xoves pola mañán.

Seguimos ofrecendo as mesmas actividades combinando as visitas guiadas ao xacemento e Centro de Interpretación e os obradoiros didácticos, que nos permiten achegarnos ao mundo da antiga Roma dunha maneira práctica, interactiva e divertida.

Este ano ademais temos unha oferta ampliada de talleres que abarcan todos os tramos educativos, desde infantil ata secundaria. Un obradoiro de pintura romana, que reproduce os motivos que se atopaban nos baños termais; un taller de mosaicos, cos que decoraban os chans das piscinas e bañeiras das termas; outro de estética e cosmética romana, onde aprenderán a fabricar un aceite aromático personalizado; un obradoiro de xogos de mesa romanos ou xogos de calculi, onde cada participante fabrica un taboleiro que logo leva para a súa casa; un taller de deportes romanos, no que se practican algunhas disciplinas típicas romanas coma o trigón ou os xogos de noces; outro de xoiería, para fabricar unha peza típica da orfebrería romana e por último unha actividade para aprender os principios da cociña e alimentación na antiga Roma…

 

Para as visitas escolares é necesario facer a reserva a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687072116 (en horario de apertura).