Artigos Recentes

Publicado o 07/08/2020

CALIGRAFÍA ROMANA EN CALDOVAL CO OBRAROIRO ESPECIAL “ARS SCRIBENDI”

O sábado 22 DE AGOSTO volta a Caldoval o noso obradoiro especial “ARS SCRIBENDI”, pensado tanto para público adulto coma infantil, a partir de 6 anos.
A actividade está deseñada para que os/as participantes poidan aprender como escribían na antiga Roma e coñecer as diferentes grafías e os instumentos e soportes máis usuais empregados.
O obradoiro é de balde e desenvolverase en dúas quendas, ás 11:30 en horario de mañá e ás 17:30 en horario de tarde.
O aforo é limitado para garantir as condicións de seguridade aos nosos usuarios como é preceptivo nestes tempos de COVID19. As reservas poden facerse no teléfono 687072116 ou enviando un correo a info@museocaldoval.gal.