Artigos Recentes

Publicado o 30/05/2020

En xuño Caldoval abre as súas portas

O mércores 3 de xuño de 2020, 80 días despois do seu peche temporal con motivo da crise sanitaria xerada polo COVID-19, o Centro de Interpretación de Caldoval volta á actividade inaugurando horario de verán e abrindo de martes a domingo, de 10:30h a 14:00h polas mañáns e de 16:30h a 20:00h polas tardes.

Para garantir a seguridade sanitaria de todxs xs visitantes, en Caldoval aplicaranse as directrices e recomendacións das Administracións Públicas para museos e sitios patrimoniais, que estarán colocadas de maneira visible na entrada e na exposición permenente.

Entre as normas de obrigado cumprimento estarán as seguintes:

  • Limpeza de mans xel hidroalcohólico na entrada a Caldoval.
  • Uso de máscaras nos maiores de 6 anos.
  • Mantemento da distancia interpersoal de seguridade.

O aforo do centro durante a Fase 2 do estado de alarma estará fixado en 10 persoas e suspenderanse temporalmente os obradoiros didácticos.

Continuaranse a realizar visitas guiadas nos horarios habituais de venres a domingos ás 10:30 e 12:30h polas mañáns e ás 16:30h e 18:30h polas tardes. Do mesmo xeito tanto nenxs como adultxs que queiran emular a Hércules superando de desafíos poderán participar no xogo de pistas “As XII probas de Caldoval”, dispoñible en calquera momento durante o horario de apertura.

Pódese solicitar máis información no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116.