Artigos Recentes

Publicado o 29/07/2019

Escribindo como xs antigx romanxs o sábado 3 de agosto

O próximo sábado 3 de agosto continúa a axenda de verán cun obradoiro especial chamado “Ars Scribendi: Escribindo como xs antigx romanxs”.

Esta actividade organizada polo Centro de Interpretación de Caldoval e a concellaría de Patrimonio Histórico do concello de Mugardos, está orientada tanto a nenxs como a adultos. Nela aprenderase de maneira práctica como evolucionou a escritura en época romana e cales foron os instrumentos que se usaron para elaborar os textos.

Xs participantes poderán escribir con cálamos sobre papiro auténtico ou sobre “tabulae ceratae” e o resultado final levarase para casa, así todxs presumirán de ter un auténtico papiro escrito á maneira romana.

O obradoiro terá unha hora aproximada de duración e realizarase en dúas quendas, pola mañá ás 10:30h e pola tarde ás 17:30h. Trátase dunha actividade de balde, como todas as que se realizan no Centro de Interpretación de Caldoval, pero as prazas son limitadas e por ese motivo é preciso facer reserva previa no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116.