Artigos Recentes

Publicado o 19/08/2019

II Noite de Estrelas en Caldoval

O Centro de Interpretación de Caldoval e a Concellaría de Patrimonio Histórico do concello de Mugardos organizan a II Noite de Estrelas en Caldoval, o Sábado 24 de agosto a partir das 22h. Ante o éxito da edición do ano precedente. no que se esgotaron as prazas nas primeiras horas de apertura da inscrición, decidiuse repetir esta apaixonante actividade.

A xornada será conducida Antón Bouzas, biólogo, paisaxista e experto en astronomía cultural. Comezará ás 22h no exterior do Centro de Interpretación cunha breve charla introdutoria sobre a importancia do estudo dos astros desde a prehistoria e despois farase unha observación astronómica da cuberta celeste, sempre que o tempo o permita e o ceo estea liberado de nubes.

Para participar na Noite de Estrelas é preciso inscribirse pois as prazas son limitadas. Pódese enviar un mail a info@museocaldoval.gal ou chamar ao teléfono 687072116 (operativo en horario de apertura do centro).