Publicado o 01/10/2019
O sábado 12 de outubro terá lugar no Centro de Interpretación de Caldoval a “III Xornada sobre Mugardos romana”. A xornada que será inaugurada pola alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, terá comezo ás 10h da mañá e contará coa participación de: María José Loira Enríquez, Fernando Lillo Redonet e Ángel Arias López. Despois das ponencias terá lugar unha mesa de debate que contará coa participación, como moderadora, de Susana Ricart Guillot (arqueóloga que levou a cabo as excavacións de Caldoval). Para asistir a estas xornadas tedes que inscribiros mediante o mail info@museocaldoval.gal ou chamando ó 687072116 (no horario do centro). Recordade que son totalmente gratuitas. III Xornada sobre Mugardos romana