Artigos Recentes

Publicado o 23/05/2018

Novas pezas arqueolóxicas do xacemento de Caldoval.

Xa están expostas no museo as pezas arqueolóxicas cedidas polo Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón correspondentes a vestixios atopados no xacemento que estaba na enseada de Santa Lucía. Impresionantes vaixelas de luxo co verniz practicamente novo, fragmentos de cerámica decorada, terra sigilatas, unha moeda, unha ficha de xogos de mesa, grandes fragmentos de olería, unha agulla metálica para tecer redes, anacos de ungüentario de vidro soprado, e o que posiblemente sexa un peso de pesca. Un excepcional patrimonio arqueolóxico atopado en Mugardos que agora volve ao concello para o desfrute de toda a cidadanía.