Artigos Recentes

Publicado o 19/10/2018

Obradoiro de escritura romana o sábado 27

Ían xs nenxs romanxs á escola? A resposta é si, pero a schola romana non era exactamente igual ás nosas. Por exemplo non se usaba goma de borrar, bolígrafo, lapis ou papel para escribir.

De feito o papel, inventado na China, aínda non se usaba en occidente e escribíase sobre papiros ou pergameos cun cálamo ou cana mollada en tinta. Tamén se podía escribir sobre taboíñas de cera e por suposto non había libros, senón rolos de papiro.

De todas estas cousas falaranos Fernando Lillo Redonet, profesor do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo), doutor en Filoloxía Clásica e un dos maiores especialistas en xogos romanos. O sábado 27 de outubro, finalizada a II Xornada sobre a Mugardos Romana, de 17 a 18h no Centro de Interpretación de Caldoval terá lugar este entretido obradoiro titulado: Schola Romana: Escribindo como xs antigxs romanxs. Nel Fernando Lillo ensinaranos a escribir como se facía hai 2000 anos con todos estes instrumentos tan curiosos.

O obradoiro está orientado ao público familiar. Tanto adultxs como nenxs poderán reservar praza nunha actividade que promete ser moi divertida e o resultado final poderá levarse para casa. Así poderemos presumir de ter con nós un auténtico papiro escrito á maneira romana.

Xs que queiran apuntarse poden chamar ao 687072116 ou enviar os datos ao correo info@museocaldoval.gal.

Inscrivídevos porque as prazas son limitadas.