Artigos Recentes

Publicado o 21/06/2019

Visita especial “Amor e sexualidade na antiga Roma” o 29 de xuño

Caldoval conmemora o Día Internacional do orgullo LGTBIQ+

Para celebrar o Día Internacional do orgullo LGTBIQ+  (28 de abril) o Centro de Interpretación de Caldoval realizará o sábado 29 de xuño una visita especial ao “balneum” romano co título de “Amor e sexualidade na antiga Roma”.

Os baños e as termas romanos eran lugares importantes para as relacións sociais. Alí, especialmente nos establecementos públicos, reuníanse xs amigxs para conversar, tratábanse negocios, practicábanse xogos e tamén eran escenarios propicios para o cortexo e o amor.

A través do percorrido que farán xs guías polo xacemento falarase da posición que tiñan homes e mulleres na sociedade romana, como era a división sexual do traballo, que papel desempeñaban os sexos nas termas, como eran as relacións entre as persoas do mesmo sexo ou cal era a consideración social da bisexualidade hai 2000 anos.

Rapto de Ganímedes, amante de Zeus. Museo de Sousse. Foto de Pascal Radigue. Traballo-propio-CC-BY-SA 3.0.

Desta maneira xs visitantes aprenderán como o mundo romano foi construíndo unha concepción particular da súa sexualidade, cos seus mitos, tabús, costumes e tradicións.

As visitas estarán orientadas a todos os públicos, tanto nenxs como adultos e faranse ás 11h, 13h, 18 e 19h de balde. As persoas que desexen participar  só terán que achegarse ata o Centro de Interpretación uns minutos antes do inicio da visita e non precisan reservar con antelación.

Para obter máis información pódense facer consultas no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116 (en horario de apertura).