Con Guía

Para desfrutar plenamente da visita ao Centro de Interpretación de Caldoval o aconsellable á facelo a través das nosas visitas guiadas. @s nos@s guías, expert@s en arqueoloxía, patrimonio e museografía acompañaranvos nun percorrido por todo o museo dunha duración de 45 min. Nelas explicaranvos todo o relacionado coa descuberta e traslado do xacemento, a proposta arquitectónica, o contexto da ría de Ferrol e o Golfo Ártabro en época do Imperio Romano, as características dunha Vila Romana, os detalles de funcionamento do circuíto termal de Caldoval, a importancia do deporte e o coidado do corpo no mundo romano, e moitísimas outras cousas que vos farán apreciar a exposición e o xacemento con outros ollos.

As visitas guiadas ao Centro de Interpretación de Caldoval son de balde.
É necesario reservar praza.

Horarios das visitas guiadas:
Tódolos
sábados e domingos
ás
11:00h., 13:00h., 18:00h. e 19:00h.

 
Visita guiada.