Artigos Recentes

Publicado o 10/05/2019

Xoiería romana para o Día Internacional dos Museos.

Caldoval celebra o Día Internacional dos Museos o sábado 18 de maio.

O sábado 18 de maio, o Centro de Interpretación de Caldoval e o concello de Mugardos únense á celebración do Día Internacional dos Museos (DIM), promovido polo ICOM (Consello Internacional de Museos). Este ano o lema do evento é “Os museos como eixes culturais” e pretende reivindicar o papel destas institucións como actores activos dentro das súas comunidades. Na actualidade tanto museos coma centros de interpretación funcionan como plataformas onde se combinan creatividade e coñecemento e como lugares onde xs visitantes poden participar activamente creando, compartindo experiencias e colaborando ao desenvolvemento do saber.

Seguindo esta filosofía, o Centro de Interpretación de Caldoval e o concello de Mugardos organizan un obradoiro especial sobre o mundo da xoiería romana o 18 de maio ás 17:00h. Esta actividade está dirixida a todos os públicos, tanto nenxs (a partir de 8 anos) coma adultos e será totalmente de balde.

Para participar só haberá que inscribirse a través do mail info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687072116 (en horario de apertura).